As lavadoras e os lavalouzas de LG pedirán automaticamente o deterxente e o xabón

mércores, 21 de agosto do 2019 Marcus Fernández

A primeiros de setembro celebrarase a feira IFA en Berlín, e como vén a ser habitual, dende LG comezaron a adiantar as novidades que achegarán a este grande encontro europeo, entre as que destacan que a súa liña de electrodomésticos ThinQ comezará a integrar o servizo Amazon Dash Replenishment en Europa, ou sexa, que poderase aproveitar a tecnoloxía de fogar conectado de LG para que dispositivos como lavadoras ou lavalouzas poidan pedir máis xabón, deterxente ou suavizante cando estea preto de rematarse, evitando así quedar sen el na casa.
O novo servizo de pedidos automáticos para lavadoras e lavalouzas de LG botará a andar no outono en Francia, Alemaña, Reino Unido, Italia e España, e pretende levarse máis adiante a neveiras e purificadores de aire.

PUBLICIDADE