As industrias creativas debaten na Coruña sobre o impacto da IA
martes, 19 de setembro do 2023
A irrupción das
intelixencias artificiais xenerativas e os grandes modelos de linguaxe están a ter
un impacto moi importante nas profesións gráficas e creativas, achegando tanto
grandes vantaxes para a produción como unha ameaza para o emprego e a creación,
de aí que Coruña Gráfica decidise organizar unha mesa de debate baixo o título IAs
versus Industrias Creativas na que analizarán a implementación das IA
no mercado e o seu impacto nos sectores creativos.
Esta actividade de entrada libre desenvolverase o vindeiro xoves a partir das
19:30 na sede da Asociación de Emprendedores de Galicia (ASCEGA) na rúa Antón Vilar
Ponte,11 da Coruña. Participarán no debate Xavier Alcalá (enxeñeiro de Telecomunicacións
e escritor), Santy
Gutiérrez (ilustrador e humorista gráfico) e Tomás Conde (de Algarabía Animación), conducidos
por Manel Cráneo
(ilustrador e director de Demo Editorial).