As expansións de Grand Theft Auto chegarán en marzo a PC e PS3

venres, 29 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

O xogo Grand Theft Auto IV gozou de fortes vendas en boa medida por ser multi-plataforma, pero os seus contidos descargables apareceran só para Xbox 360 (o primeiro en febreiro de 2009 e o segundo en outubro do mesmo ano) e chegaron incluso a venderse recompilados nunha caixa chamada Grand Theft Auto: Episodes from Liberty City, que finalmente sairá tamén para PC e PlayStation 3 o vindeiro 30 de marzo, o que significaría que tería rematada a fiestra de exclusividade adquirida por parte de Microsoft.
Os usuarios da PS3 tamén poderán descargar de xeito independente as 2 ampliacións descargables a través da PlayStation Network, de xeito que o xogo en caixa custará 39,99 euros, mentres que cada un dos seus contidos descargables custarán 19,99 euros, aínda que habería que precisar que para xogar ás descargar independentes é preciso contar co GTA IV, mentres que a edición de caixa xa inclúe o núcleo de tal xogo incorporado, simplificando así o sistema empregado para gozar deste título.

PUBLICIDADE