As eleccións poderán seguirse a través das súas aplicacións móbiles oficiais
venres, 21 de xullo do 2023
Os cidadáns interesados
no escrutinio nas pasadas eleccións municipais atoparon como a páxina web
oficial dos comicios experimentaba serios problemas técnicos, aÃnda que as
aplicacións móbiles oficiais non tiñan problemas para operar, de aà que para a
xornada electoral do vindeiro domingo, aparte da páxina web oficial, parece atinado
recomendar a instalación da aplicación
oficial desenvolvida polo Ministerio do Interior para Android e para
iOS, que ofrecerá información destacada durante a xornada electoral, permitirá
consultar en tempo real o escrutinio para o Congreso e o Senado, e incluso
conta cun simulador de maiorÃas no que podemos seleccionar posibles pactos
entre candidaturas para saber se poderÃan conformar goberno.
Sobra dicir que toda esta información tamén estará dispoñible a través dos
principais medios de comunicación do Estado, con cadanseu especial informativo,
pero o uso das aplicacións móbiles do Ministerio do Interior permite afondar no
detalle dos resultados, o que agradecerán moitos cidadáns interesados en coñecer,
por exemplo, o escrutinio da súa mesa electoral en concreto.