As dúas primeiras entregas de God of War chegarán en 2010 á PS3

xoves, 3 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Ante a demora do lanzamento de God of War 3 para PlayStation 3 (que sairá en 2010) dende Sony decidiron manter a expectación preparando God of War Collection, unha reedición das dúas primeiras entregas da saga protagonizada polo espartano Kratos, adaptando estes xogos que nun principio saíran para PS2 para que funcionen na PS3 (incluíndo poucas melloras).
Desafortunadamente, os norteamericanos serán os primeiros en ver esta curiosa reedición, mentres que en Europa haberá que agardar a primeiros de 2010 para gozar da mesma, aínda que é moi posible que poida gozarse da versión americana nas consolas europeas (pois agardan que o xogo non teña protección rexional).

PUBLICIDADE