As copias importadas de Metal Gear Solid 4 non funcionarán en liña

martes, 27 de maio do 2008 Marcus Fernández

Ata o momento a PlayStation 3 tiña unha certa sona de boa ao non incorporar discriminación xeográfica, de xeito que os usuarios europeos podía mercar xogos en EE.UU. ou Xapón e xogalos en sen problemas, o que tiña como vantaxe o non ter que agardar ao lanzamento europeo dos títulos e incluso a un mellor prezo grazas á relación dólar-euro (aínda que coa desvantaxe de que os xogos non estarían traducidos ao español), pero o Metal Gear Solid 4: Guns of the Patriots podería cambiar o panorama pois, aínda que os xogos de PS3 son region free, o último traballo de Kojima Productions podería impor limitacións do seu modo en liña, de xeito que non funcionaría fóra das rexións nas que se mercou.
Actualmente os usuarios que mercan un título de PS3 nos EE.UU. ao xogar en liña se enfrontar a norteamericanos en vez de a españois, pero de confirmarse estas medidas anunciadas por Meristation, sería imposible xogar a través da Rede cunha copia importada.

PUBLICIDADE