As copias fÃsicas de Dying Light chegarán con retraso ás tendas
luns, 19 de xaneiro do 2015
A
semana que vén o xogo de Techland Dying Light deberÃa chegar
ás tendas de todo o mundo, pero finalmente esta
estrea internacional só será na edición descargable do xogo para PS4, Xbox
One e PC de fóra dos EE.UU., por problemas na produción das copias fÃsicas, de
xeito que nos vindeiros dÃas comunicarán as datas nas que o xogo poderá
atoparse nas tendas dos distintos territorios.
O xogo está xa dispoñible
en pre-reserva para Xbox One a un prezo de 69,99 euros (89,99
euros na súa Ultimate Edition que inclúe o pase de tempada e os paquetes
adicionais Troublemaker Outfit e Be the Zombie), para
PlayStation 4 a 69,99 euros (89,99
euros na edición Premium que inclúe o pase de tempada e outros contidos
adicionais) e para PC en
Steam a 59,99 dólares (79,99 dólares no caso da Ultimate Edition).
Dying Light é un xogo de acción,
supervivencia e terror en primeira persoa, ambientado nun mundo de grande
tamaño e con numerosos perigos nos que durante o dÃa os xogadores poderán
percorrer un extenso contorno urbano invadido por un brote infeccioso, buscando
subministros e construÃndo armas; mentres que polas noites os infectados
vólvense agresivos e perigosos, resultando moito máis complexo sobrevivir até a
primeira luz da mañá.
O xogo permite que o usuario poida desenvolverse con distintos estilos,
combinando armas para a loita corpo a corpo ou para disparar a distancia,
movéndose por un mundo aberto e gozando duns gráficos impresionantes que axudan
a somerxerse na acción.
- Dying Light Ãnstanos a sobrevivir a perigosas noites nas que os infectados por un brote convértense en auténticos depredadores