As claves para loitar contra as neoadiccións, no Vello Cárcere de Lugo
mércores, 20 de febreiro do 2019
- Un dos recantos do Vello Cárcere de Lugo nunha imaxe de Carmen García-Rodeja vista en Praza.gal
O
Concello de Lugo quere abordar de cheo a problemática dos novos
trastornos aditivos. E
farao cunha mesa redonda, a celebrar este 21 de febreiro nas
instalacións do Vello Cárcere a partir das 19.00 horas, con
entrada de balde e aberta á cidadanía en xeral. A sesión, moderada
polo xornalista Juan Carlos Rodríguez, contará coa participación
de Manuel Isorna, doutor en Psicoloxía, Gerardo Rodríguez, da
Asociación Galega de Ludópatas Rehabilitados e María José Lamas,
directora de ADAFAD. A cerna temática da mesa redonda serán as
neoadiccións, un termo que en boa medida abrangue os trastornos que
se derivan dun mal uso das novas ferramentas tecnolóxicas e dos
servizos dixitais.
A
cita Xuventude e adiccións sen sustancia: as neoadiccións e
apostas online enmárcase dentro das mesas redondas sobre
mocidade que vén organizando nos últimos meses o Goberno de Lugo.
Na
súa presentación, a concelleira Carmen Basadre convidou aos mozos e
mozas luguesas, ás súas familias e á veciñanza a asistir a este
encontro divulgador e de debate sobre “un problema en auxe como son
as adiccións sen sustancia”. Un problema, dixo, cuxas
consecuencias se reflicten en múltiples aspectos do noso día a día,
nas familias e nos colexios, e tamén en investigacións concretas
que podemos ver, como a enquisa recente Adicción do País Vasco,
publicada o pasado 2018, na que se mostra que o 21% dos adolescentes
realiza un uso problemático do móbil ou da Rede e un 6,4% dos
estudantes realizou apostas online.
O
debate deste xoves, que será moderado polo xornalista Juan Carlos
Rodríguez, contará con testemuños en primeira persoa.