As cámaras Lytro revolucionan a fotografÃa permitindo enfocar as imaxes despois de captalas
xoves, 20 de outubro do 2011
Nos últimos anos a dixitalización da fotografÃa supuxo unha
revolución que nos últimos meses quedou nunha mera guerra polo megapÃxel, pero que poderÃa mudar grazas a Lytro, Inc.,
compañÃa que vén de presentar a súa primeira cámara de consumo de campo de luz
Lytro, que achega un novo xeito de tomar e gozar das fotografÃas, xa que as
Lytro captan todos os raios de luz dunha escena, facilitando a posibilidade de
enfocar a imaxe a posteriori.
A primeira Lytro é unha cámara de peto,
cun zoom óptico de 8x, dispoñible en 2 modelos e 3 cores con prezos que parten
dos 399 dólares (289,27 euros), e presume de ser a primeira cámara deste tipo
capaz de rexistrar a información suficiente que permite enfocar as imaxes
despois da súa captura, e incluso subilas á web para poder elixir os elementos
que queiramos ver enfocados de xeito interactivo e sen precisar da instalación
de software adicional como podemos comprobar na galerÃa de imaxes de mostra desta
tecnoloxÃa que permite fotografÃas vivas.
- Coas cámaras Lytro podemos captar os momentos con grande axilidade
O feito de poder enfocar unha imaxe despois de tomala tamén fai que a cámara
Lytro teña unha velocidade sen precedentes, e como curiosidade, a súa
definición non se mide en MpÃxeles senón en megaraios
(11). Tamén pode tirar fotografÃas en ambientes pouco iluminados (por tomar
toda a luz do ambiente) non precisando de flash, en breve permitirá ver as súas
imaxes en 3D e venderase en capacidades de 8 e 16 Gb (o que permitirÃa gardar ata
350 e 750 imaxes respectivamente).
As
cámaras Lytro comezarán a distribuÃrse a primeiros de 2012, estando a súa
aplicación de escritorio dispoñible inicialmente para Mac OS X, para chegar
máis adiante a Windows.
- As cámaras estarán dispoñibles en capacidades de 8 e 16 Gb en 3 cores distintas
- As cámaras Lytro permiten enfocar as imaxes despois de tomalas