As axudas da Xunta para a promoción do galego nos concellos terán en conta a vertente TIC
venres, 9 de abril do 2021
A
Xunta de Galicia vén de publicar no Diario
Oficial de Galicia (DOG)
a nova convocatoria de axudas para a promoción do uso do galego
desde o ámbito local que supón un incremento do 40 % no seu plan.
Segundo explica a SecretarÃa
Xeral de PolÃtica LingüÃstica, a iniciativa
conta cun orzamento total de 350.000 euros, 100.000 € máis que o
ano pasado, destinados aos Concellos,
co fin de sufragar os gastos derivados da creación, do reforzamento
dos servizos lingüÃsticos, asà como das programacións municipais
de dinamización lingüÃstica. A convocatoria deste ano marca como
ámbitos estratéxicos de actuación o deporte, a mocidade, as TIC
(TecnoloxÃas da
Información e a Comunicación),
os servizos sociais e a igualdade.
As
axudas enmárcanse nas accións de promoción do galego desde o
ámbito local que desenvolve a ConsellerÃa de Cultura, Educación e
Universidade, entre as que destacan a Rede de Dinamización
LingüÃstica (RDL), que integra máis de 200 entidades. A
convocatoria está aberta dende mañá mesmo ata o vindeiro 10 de
maio, e poderán solicitar as subvención a través da sede
electrónica
da Administración autonómica.