As Monster High estrean tablet de 7 polgadas

luns, 19 de novembro do 2012 Marcus Fernández

Coa vista posta no Nadal, Mattel e Ingo Devices anuncian a comercialización do primeiro tablet baixo a marca Monster High, pensado para o seu uso polos cativos da casa, que consiste nun tablet con Android 4.0, pantalla táctil de 7 polgadas, webcam VGA, 4 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD), conectividade USB e Wi-Fi, que ten tanto unha carcasa como un escritorio personalizado coa imaxe das bonecas Monster High.
Para engadir valor a este dispositivo, inclúe contido adicional como capítulos da serie de televisión de Monster High, libros, fondos de escritorio e imaxes, estando xa dispoñible a un prezo de 99,99 euros.
Cómpre destacar que Ingo Devices non limita a personalización dos seus tablets de 7 polgadas á marca Monster High, senón que tamén comercializa un tablet coas mesmas características coa imaxe de Hello Kitty.

A interface do tablet tamén goza da imaxe das Monster High
Ingo Devices tamén vende un tablet de Hello Kitty

PUBLICIDADE