As 3D nos xogos da PS3 reducirán a calidade dos seus gráficos
luns, 26 de abril do 2010
- WipEout HD será un dos tÃtulos que adaptarase ás 3D
Chegado o novo
firmware da PlayStation 3, falta pouco para a chegada de varios tÃtulos en 3D
para a consola doméstica de Sony, pero os desenvolvedores dos mesmos xa dan
detalles bastante evidentes que algúns considerarán decepcionantes, coma é o
feito de que a
resolución gráfica dos xogos terá que reducirse considerablemente
porque a consola deberá procesar 2 imaxes en paralelo (unha para cada ollo) de
xeito que un tÃtulo coma WipEout HD ao verse en 3D
pasará de correr a 1.080p para quedar en 720p e incluso reducindo a súa
velocidade de refresco a 30 Hz.
AÃnda que no caso mencionado, a calidade segue a ser bastante boa, se imos a un
xogo coma Motorstorm: Pacific Rift,
que en 2D xa corre a 720p e 30 fotogramas por segundo, ¿qué acontece? Pois o
xogo debe procesar os seus gráficos a unha resolución inferior para despois sobreescalala, o que supón un importante
paso atrás na calidade gráfica, de aà que moitos programadores opinen que as 3D
non deberÃan normalizarse nos videoxogos ata a vindeira xeración de consolas,
cando estas xa poderÃan estar optimizadas para esta tecnoloxÃa e contarÃan
cunha potencia que permitirÃa que os xogos fosen realmente a Full HD (algo que
hoxe non sempre é posible).