As 3D na PS3 estarán moi limitadas
luns, 5 de abril do 2010
- Desminten que estean a traballar nunha versión 3D de Killzone 2
Dende Sony levan
meses insistindo en que o vindeiro verán publicarán unha actualización para a
PS3 que activará na súa consola o soporte de 3D, de xeito que os usuarios con
televisores compatibles con tal tecnoloxÃa poderán gozar de xogos e pelÃculas
estereoscópicas, o que ilustraban con distintos vÃdeos de presentación nas
feiras tecnolóxicas que leváronos a ter que anunciar agora que en realidade non están a
traballar en versións 3D dos xogos LittleBigPlanet,
Wipeout HD, Killzone 2, Gran Turismo 5
e Super Stardust HD, senón que
estes xogos utilizáronse só como referencia para certas demos, o que decepcionará a moitos, aÃnda que quizais non tanto
como as declaracións de Tameem Antoniades, co-fundador de Ninja Theory, quen asegurou que
esta tecnoloxÃa chegará dun xeito moi limitado.
O grande problema das imaxes estereoscópicas na PS3 é que a consola de
videoxogos ten que xerar 60 imaxes por segundo para cada ollo, o que forzará a
unha redución do nivel gráfico dos mesmos, facendo practicamente imposibles os
xogos a 1.080p con esta tecnoloxÃa, e incluso limitando bastante as
posibilidades dos tÃtulos a 720p, de xeito que Antoiades espera que as 3D de
alta definición sexan toda unha revolución que non chegará ao público ata a
vindeira xeración de consolas.