Artigos desta sección
Ecovidrio lanza un xogo para móbiles sobre reciclaxe
Reciclar tamén é xogar, e viceversa. Polo menos, así o entende Ecovidrio, entidade sen ánimo de lucro que vén de poñer en marcha unha campaña sobre o reemprego do vidro a través dun xogo para o teléfono móbil. A iniciativa, que vai orientada sobre todo á mocidade (de aí que se elixira o móbil como canle de comunicación), foi desañada no plano técnico pola firma (...)
Ler máisMinicomputador con Linux para navegar pola Rede
Estes días estase a presentar polo mundo adiante o computador Linutop, un pequeno trebello a medio camiño entre as axendas electrónicas e os ordenadores persoais e que (ante todo) semella doado de carrexar (nestes tempos de mobilidade a toda costa e por riba de todos). O caso é que o computador Linux está especialmente deseñado para estar na Rede, e pouco (...)
Ler máisO líder da casa Nintendo pídelle á industria que deixe de lado a violencia
Shigeru Miyamoto, alma mater de Nintendo, quere un mundo máis feliz, máis xusto e máis armonioso, e considera que os videoxogos, que tantas horas de lecer achegan hoxe en día a unha boa parte da poboación nova do planeta, teñen moito que dicir ó respecto. Así o fixo saber este xoves na Game Developer Conference de San Francisco, nun relatorio no que animou á (...)
Ler máisBañeira multimedia para melómanos preocupados pola súa hixiene
No baño e na ducha, téñense estragado moi boas cancións. E a cousa non ten visos de mellorar, mentres haxa firmas que poñen no mercado inventos como o da imaxe, unha bañeira coa que, ademais de consumir auga a esgalla, podes pór a proba a paciencia de veciños e familiares poñéndolle a segunda voz a unha boa listaxe de temas musicais, películas ou mesmo programas (...)
Ler máisGears of War, recoñecido como mellor xogo do ano en San Francisco
O videoxogo Gears of War vén de recibir tres galardóns da man de desenvolvedores deste tipo de produtos no Game Developers Choice Awards (certame que forma parte do encontro GDC en San Francisco), incluíndo o recoñecemento ó mellor título. Este videoxogo, creado por Epic Games e Microsoft Game Studios, é ante todo unha proposta de acción que sitúa ó usuario (...)
Ler máisDucha con achega de Vitamina C
Por se tomar un zume de laranxa natural tódalas mañás e dous ou tres kiwis ó longo do día non abondase como achega de vitamina C para o corpo, sae ó mercado a Sonaki Vitamin C Showerhead, unha alcachofa de ducha que grazas a uns filtros de cerámica que incorpora, fornece ó noso organismo de máis vitamina aínda. E non só iso: ademais, pode quitar até o 99 por (...)
Ler máisSensorFreshQ, un nariz moi xeitoso que arrecende o estado dos alimentos
Supoñamos que estamos acatarrados logo de pasar a noite ó frío e que polas nosas ulideiras non entra absolutamente ningún tipo de arrecendo (nin bo nin malo, é o que ten) e supoñamos asemade que temos que cociñar unha pescada que leva no frigorífico un par de semanas (neste caso non faría falla cheirar o alimento porque é de supoñer que estará en mal estado) e (...)
Ler máisSyncere bota man da mitoloxía hindú para o videoxogo Mahabharata
Syncere Arts estalle a achegar aire fresco ó mundo dos videoxogos, abríndoos a todo tipo de contidos cos que nin sequera soñan os que só entran en materia coa violencia a esgalla, os atropelos e as trompadas no patio do colexio. En definitiva: que o eido dos videoxogos está a beber de moitas fontes e semella que mesmo lle valen aquelas das que só se fala (...)
Ler máisSae á luz o Wild Earth, un xogo para PC de safaris fotográficos
Discovery Networks, Discovery Communications e Empire Interactive veñen de anunciar o lanzamento dun novo xogo interactivo baseado en safaris fotográficos en África. Trátase do Wild Earth, unha creación que, en España, sairá ó mercado este mes de marzo, baixo o selo de Discovery Channel. Segundo asegura HardGame2, polas súas características, este xogo para PC (...)
Ler máisVerbatim aumenta a capacidade do seu disco duro portátil
A tecnoloxía é como a teoría da evolución, pero sen erguer o pe do acelerador. Quen ande ben esperto poderá albiscar nun trebello calquera de hoxe en día a feitura e as características que terá dentro de cinco anos. Por exemplo: cando hai anos vimos os primeiros móbiles que eran como as radios dos soldados da Segunda Guerra Mundial, pensamos: isto non pode ser (...)
Ler máis0 | ... | 12070 | 12080 | 12090 | 12100 | 12110 | 12120 | 12130 | 12140 | 12150 | ... | 12280