Artigos desta sección
Os Piratas do Caribe desembarcarán nas nosas costas a partires de maio
O vindeiro 22 de maio, coincidindo coa estrea da terceira película dos máis aloucados e teimudos piratas da factoría de Jerry Bruckheimer, Piratas del Caribe: en el fin del mundo, sairá a venda un xogo para vídeo consolas e PCs baixo o mesmo título que probablemente non pasará desapercibido polos seguidores desta saga. O xogo desenvólvese en diversos (...)
Ler máisVertu Ferrari 1947: móbil para xente que nunca poría un chandal
Para que o imos negar? Segue existindo xente que nunca subiría a un autobús e que se colle o volante do coche é porque están doentes (moi doentes) todos aqueles que poderían facer as veces de chofer. En definitiva: segue habendo persoas que botan perfume e gomina para facer deporte. Se cadra os desenvolvementos da casa Vertu están expresamente deseñados para (...)
Ler máisSae á luz o tráiler do GTA IV, e non defrauda
“A vida é complicada. Matei, trafiquei, vendín xente, se cadra aquí as cousas sexan diferentes”. Así de rotundo vén de chegar o agardadísimo tráiler de GTA IV. Con este suxestivo vídeo titulado As cousas serán diferentes, Rockstar fornécenos dunha miúda pero substancial xanela ó aspecto final do xogo, cun acabado gráfico impresionante, todo luxo de detalles e moito (...)
Ler máisUn videoxogo recrea como sería un mundo sen derivados do petróleo
Os xogos estanse a converter nun elemento de primeira orde para que organizacións de todo o mundo lancen as súas mensaxes solidarias, ecolóxicas ou pacifistas, sabedoras de que este eido é un terreo común onde reunirse coa mocidade e seren escoitadas, achegando ó mesmo tempo o seu particular contraataque a unha boa parte da industria que insiste en (...)
Ler máisMusic Sofa: música e deseño (?) nun único dispositivo
Como directamente saído dunha película do axente 007 (ou máis ben do ridículo Austin Powers), chega ós nosos fogares (dende logo non ó meu) o Music Sofa, un sillón para unha soa persoa que incorpora altofalantes en ambos flancos e que permite reproducir CDs de música directamente sen necesidade doutro dispositivo a maiores. Outra das características máis (...)
Ler máisTarxeta M2 de 4GB para teléfonos móbiles
Os teléfonos móbiles inclúen a día de hoxe grandes capacidades de memoria que deberían abondar para albergar os datos que consideramos máis imprescindibles, como as entradas da axenda, os SMS importantes ou (por que non?) os xogos cos que se nos fai máis doada de aturar a espera no dentista. Porén, as máis das veces estas capacidades de almacenamento fican (...)
Ler máisRitek Yego: tres portos USB nun único dispositivo
Por fin chega unha idea que ten algo de xeito, logo de papármonos polos ollos centos de memorias USB de deseños innovadores (case sempre horteras, todo hai que dicilo) e con funcionalidades que se materializan nunha lanterna inútil ou nun camaleón que se pasea polo escritorio ou nunha bailarina que dá voltas sobre o seu propio eixo. A idea que propoñen os (...)
Ler máisXcanvas: pantallas planas de LG para decorar a mansión
LG non ten destacado precisamente por poñer no mercado trebellos tecnolóxicos exclusivos para cenmileuristas, pero coa nova serie Xcanvas semella querer satisfacer a toda costa as arelas de todas esas persoas que mesmo lle poñen xemelgos de ouro á chaqueta do chándal. As pantallas planas das que falamos non terían máis repercusión senón fose por un detalle: (...)
Ler máisDúbidas sobre o éxito da PS3 no mercado europeo
Coa Play Station 3 pasa como con case tódalas novidades de mercado que se fan agardar de máis, sexan tecnolóxicas ou non. É dicir: tanto esticou o fío Sony, a casa fabricante, que para moitos usuarios rematou por crebar, e a vontade de crítica prima sobre todo o demais. A iso hai que engadir un prezo de saída en España de 600 euros que para moitos seareiros (ou (...)
Ler máisA PlayStation 3 chega a España nun ambiente de gran expectación
Fíxose agardar, é certo, pero a última “obra de arte” de Sony vén de desembarcar no mercado español. A PlayStation 3, tan agardada polos amantes dos videoxogos (e tamén polos afeccionados ó cinema na casa), concentrará ó longo do día de hoxe (e probablemente dos vindeiros días) unha boa parte da atención dos medios. E é que este enxeñoso aparello, que será (...)
Ler máis0 | ... | 12050 | 12060 | 12070 | 12080 | 12090 | 12100 | 12110 | 12120 | 12130 | ... | 12270