Arteixo Telecom expón a súa experiencia no desenvolvemento da tecnoloxía sen fíos

martes, 8 de abril do 2008 Raquel Noya

O presidente e director xeral de Arteixo Telecom, Rafael Valcarce Baiget, vai pronunciar, esta mesma tarde (martes, 8 de abril ás 15 horas) un relatorio sobre os proxectos desenvolvidos pola compañía que preside no terreo das comunicacións sen fíos e por satélite.
Entre os devanditos proxectos atópanse produtos punteiros como o router que permite ofrecer acceso Wi-Fi a Internet en autobuses interurbanos (dos cales xa falamos anteriormente en Código Cero) así como solucións para os sectores ferroviario, marítimo-pesqueiro, seguridade ou sector socio-sanitario, entre outros.
O relatorio de Valcarce enmárcase na Xornada Proxecto Esfera, que organiza o Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia (Gradiant) en colaboración coa Plataforma Tecnolóxica Galega das TIC Vindeira.
No encontro, que xa dou comezo ás 9:30 horas desta mañá, participarán representantes da Administración e das principais compañías galegas de novas tecnoloxías.
Na imaxe Routerdesenvolvido por Arteixo Telecom e Level Telecom

PUBLICIDADE