Arranca a Open Source World Conference Málaga 2008

luns, 20 de outubro do 2008 Raquel Noya

Hoxe dou comezo a Conferencia Internacional de Software Libre Open Source World Conference Málaga 2008, que organiza a Junta de Andalucía en colaboración coa de Extremadura para dar a coñecer o que se “coce” no universo da programación aberta a nivel mundial.
Esta conferencia, que conta coa presenza de especialistas de renome internacional no eido da cultura e a informática aberta, pretende ser un punto de encontro entre empresas, administracións e universidades que pretenden migrar ou que xa migraron cara este tipo de entorno, os seus sistemas administrativos e de comunicación.
O Centro de Referencia e Servizos de Software Libre, Mancomún, dependente da Consellaría de Innovación e Industria, tamén participa neste encontro co propósito de achegar a toda a comunidade internacional os logros acadados pola Administración galega en materia de tecnoloxías e estándares abertos.
Código Cero e outras empresas galegas como eLaboro tamén están presentes nesta conferencia dando a coñecer a súa labor diaria en torno a este tipo de programas.

PUBLICIDADE