Armagedonia, un xogo web de estratexia creado en Vigo

luns, 19 de setembro do 2011 Marcus Fernández

Valera Vita Games, S.L. é una compañía viguesa creada polos irmáns nacidos en Melide José Manuel e Iago Rodríguez, que veñen de estrear un xogo en liña chamado Armagedonia, que pode xogarse directamente dende o navegador web, e que introduce aos usuarios nun mundo persistente de estratexia no que o rexistro é de balde (aínda que aspiran a que no futuro poidan gozarse de vantaxes mediante pagamento, como outros títulos freemium).
Deste xeito Armagedonia presume de ser o primeiro xogo galego en liña de calidade que non precisa de descargas para o seu funcionamento, que permite que os participantes nesta aventura poidan defender as súas fortalezas, expandirse e conquistar territorios. No xogo atoparemos aventuras, estratexia, batallas, construción, comercio, xestión de recursos... elementos ao que están afeitos moitos xogadores de PC, e que agora poden gozar del balde directamente dende o seu navegador web.
Para introducir aos usuarios no mundo de Armagedonia na súa páxina web publicaron un cómic que serve de prólogo a esta aventura medieval (e que pode descargarse en formato PDF), un wiki no que detallan os pormenores do xogo e incluso un foro no que resolver dúbidas e relacionarse con outros xogadores.

En Armagedonia deberemos xestionar os nosos recursos
Armagedonia permítenos vivir aventuras nun mundo mediaval directamente no noso navegador web
Ilustración conceptual de Enrique Tortosa para Armagedonia

PUBLICIDADE