Armageddon: Reincarnation estreará acceso anticipado</Em> en marzo

venres, 28 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

O clásico e ultra-violento xogo de condución Carmageddon leva un tempo preparando o seu retorno na forma de Carmageddon: Reincarnation, un título que buscará recuperar a sensación de liberdade de competir en velocidade e destrución, podendo incluso atropelara peóns e a vacas, e que hoxe estreou un vídeo no que amosan a súa tecnoloxía de danos incluíndo unha sorpresa final: o anuncio de que o xogo terá acceso anticipado a través de Steam a partir do 27 de marzo.
Deste xeito, os usuarios de PC que queiran gozar do retorno deste xogo que ten xa 17 anos poderán acceder ao mesmo antes de que se complete a súa produción (actualmente en fase pre-alfa) que está a ser posible grazas a unha campaña de micromecenado que xuntou 625.143 dólares para facer posible este novo título, así como a recuperación do xogo orixinal adaptándoo a dispositivos con iOS e Android, que conseguiron superar os 3 millóns de descargas en pouco máis dun ano.


Vídeo no que podemos ver o sistema de danos de Carmageddon: Reincarnation

PUBLICIDADE