Arlo presenta unha cámara de seguridade con conectividade móbil

xoves, 4 de novembro do 2021 Marcus Fernández

Un dos fabricantes de cámaras de vixilancia de referencia, Arlo Technologies, vén de presentar nos EE.UU. a súa nova cámara de seguridade Arlo Go 2 LTE/Wi-Fi, que destaca especialmente por poder operar a través da rede 4G de telefonía móbil, ou sexa, que en zonas onde non hai cobertura Wi-Fi como fogares onde se pasen as vacacións, lugares aos que se vaia de excursión ou zonas en obras.
Esta nova cámara poden funcionar totalmente sen fíos (a súa batería recargable pode intercambiarse), pode instalarse en exteriores e, aínda que está destinada a localizacións nas que non hai Wi-Fi, tamén poden empregar este tipo de conexións onde estean dispoñibles. A cámara Arlo Go 2 LTE/Wi-Fi capta vídeo Full HD de día e de noite, integra son bidireccional (para poder comunicarse con visitantes), incorpora unha serea que pode activarse remotamente ou de xeito automático cando detecta intrusos e incluso pode localizarse mediante GPS (pensando en escenarios de grandes dimensións onde estean instaladas varias cámaras) e a súa comercialización realízase polo momento a través do operador Verizon a un prezo de 249,99 euros. Polo momento descoñecemos se esta cámara chegará ao mercado español, aínda que parece bastante probable, xa que Arlo forma parte da familia Securitas Direct.

Vídeo promocional da nova cámara de Arlo