Archive.org conserva unha boa colección de software de Commodore Amiga
luns, 8 de agosto do 2016
Nos
últimos anos o Internet Archive está a esforzarse non só para conservar páxinas
web para a súa consulta futura, senón tamén multitude de software, que vai
dende centos
de aplicacións para Windows 3.1 até xogos de máquina
recreativa ou de
MS-DOS, que poden reproducirse vÃa web grazas a novas versións de
navegadores adaptados ás modernas tecnoloxÃas web, aos que este mes únese unha nova biblioteca de
software con aplicacións e xogos dos ordenadores persoais Commodore Amiga,
que marcaran época a finais dos 80 e primeiros dos 90, e que agora poden recuperarse completamente de
balde.
Os contidos de Amiga están divididos en distintas categorÃas, de xeito que
podemos atopar demostracións, aplicacións, discos de música e, como non, xogos,
sendo esta última opción unha das máis interesantes, xa que o principal uso que
recibÃan os Amiga na meirande parte dos fogares eran precisamente para o lecer.
AsÃ, en Archive.org temos agora 1.351 xogos para
Commodore Amiga, que podemos executar vÃa web, e que xunta dende clásicos
multiplataforma como Bubble Bobble, Space Ace, Arkanoid, Double Dragon e
Budokan, até moitos outros xogos que naceron
na máquina de Commodore, como Emerald
Mine.
Grazas a esta tarefa de conservación o software de Amiga manterase vivo e
accesible, o que pode resultar de grande interese tanto para fins de
investigación ou educativos, como para o lecer de moitos nostálxicos.
- O xogo baseado no filme de Batman de 1989 é un bo exemplo dos tÃtulos dispoñibles para Commodore Amiga en Archive.org