Arale terá o seu propio xogo para Nintendo DS

venres, 23 de novembro do 2007 Marcus Fernández

Moitos xogadores sorprendéronse agradablemente ó ver que no xogo Dragon Ball Z: Budokai Tenkaichi 3 se podía seleccionar á nena-robot Arale Norimaki (quen xa protagonizara unha serie de televisión emitida pola TVG hai anos) para enfrontarse ós inimigos de Son Goku coma os malvados membros do exército do Xeneral Red, pero para os que non tiveron dabondo están a preparar un xogo que chegará ó Xapón na primavera de 2008 é que contará con Arale coma protagonista.
Os amantes das aventuras de Arale, o doutor Slump, Gachan, a señorita Yamabuki e o resto de moradores de Vila Pingüín, poderán rememorar tales historias na Nintendo DS, aínda que ata o momento só coñezamos a aparencia gráfica do xogo, descoñecéndose o xénero do mesmo, aínda que todo apunta a que se tratará dunha aventura gráfica na que non faltará o humor típico da clásica serie de televisión creada por Akira Toriyama.

PUBLICIDADE