Aprobada a Estratexia 2011-2015 do Plan Avanza2 do Goberno

luns, 19 de xullo do 2010 Raquel Noya

Tomando como punto de partida o Plan Avanza, aprobado no 2005 para tentar recuperar o “retraso de España respecto da Unión Europea” en materia de cobertura e conectividade, o Consello de Ministros vén de aprobar a Estratexia 2011-2015, do Plan Avanza2, que ten como principal obxectivo “situar o noso país nunha posición priviliexiada no desenvolvemento e uso de produtos e servizos TIC avanzados”.
Esta segunda fase dalle continuidade ao Plan Avanza, ao incorporar as actuacións en execución e ao actualizar os seus obxectivos iniciais para axeitalos aos novos retos da Sociedade en Rede.
É dicir, se co Plan Avanza se conseguiu, entre outras cousas, a aceptación xeralizada das TIC e a cobertura global deste tipo de servizos, o obxectivo agora é seguir avanzando cara unha “Sociedade do Coñecemento”, comezando unha nova etapa con novas prioridades.
Xa que logo, unha das principais contribucións do Plan Avanza2 vai ser axudar a que se produza o cambio de modelo económico do noso país, consolidando un modelo de crecemento económico sostible.
Para isto, a Estratexia 2011-2015 do Plan Avanza2 vai centrar os seus esforzos na consecuención de dez obxectivos ben definidos:<br -Promover procesos innovadores TIC nas Administracións Públicas.
-Extender as TIC na sanidade e o benestar social.
-Potenciar a aplicación das TIC ao sistema educativo e formativo.
-Mellorar a capaciade e a extensión das redes de telecomunicacións.
-Extender a cultura da seguridade entre a cidadanía e as empresas.
-Incrementar o uso avanzado de servizos dixitais pola cidadanía.
-Extender o uso de solucións TIC de negocio na empresa.
-Desenvolver as capacidades tecnolóxicas do sector TIC.
-Fortalecer o sector de contidos dixitais.
-Desenvolver as TIC verdes.
Obxectivos todos eles que se acadarán, segundo informan dende o Executivo, mediante “catro grandes accións” que van dende o desenvolvemento de edificios intelixentes para conseguir aforros na Administración, ata a consecución dunha Administración “sen papeis” no 2015.
Asemade, esta nova fase do Plan Avanza2 identifica un conxunto de reformas normativas, necesarias, segundo informan, “tanto para eliminar as barreiras existentes á expansión e uso das TIC como para garantir os dereitos dos cidadáns na Sociedade da Información”.
No que se refire ao modelo de execución para a posta en marcha destas medidas, mantense o modelo de colaboración con todos os niveis da Administración Pública, en especial coas Comunidades Autónomas e as entidades locais, así como coas entidades sen ánimo de lucro e as empresas privadas, iniciado polo Plan Avanza.

PUBLICIDADE