Apple renova as súas tabletas e estrea pantalla Retina no iMac
xoves, 16 de outubro do 2014
A keynote de Apple na que presentouse o
iPhone 6 tivo a pasada tarde a súa segunda parte, un evento de menores
dimensións destinado a lanzar o software que quedaba pendente e para presentar
a renovación de varios produtos, que puido seguirse a
través de streaming sen incidencias
como na anterior ocasión, completando a oferta de Apple de cara á campaña de
Nadal.
Chega a continuidade
Deste xeito o evento de hoxe serviu para que o OS X Yosemite
puidese celebrar a súa estrea, e como a principal novidade do sistema operativo
dos ordenadores persoais de Apple é a súa grande integración cos dispositivos
móbiles da compañÃa da mazá, anunciouse que tamén poderá descargarse xa o iOS
8.1, de xeito que os que actualicen ambos sistemas poderán gozar das funcións de continuidade que permiten que, por
exemplo, podamos responder unha chamada de teléfono recibida polo iPhone dende
un iPad ou dende un Mac.
- Durante a presentación probaron a facer unha chamada telefónica a través dun Mac
Tamén será posible saltar de dispositivo mentres se empregan as aplicacións de Mail, Safari, Pages, Numbers, Keynote, Mapas, Mensajes, Recordatorios, Calendario e Contactos (ás que se sumarán moitas outras, xa que esta funcionalidade está aberta aos desenvolvedores). Deste xeito poderemos comezar a editar unha folla de cálculo no móbil e, cando nos sentemos diante do ordenador, continuaremos traballando coa mesma ao momento, asà como tamén podemos estar a navegar por unha páxina web no ordenador e continuar a ver tal páxina dende o iPad, de xeito que ter que deixar o escritorio non suporá abandonar as nosas tarefas en curso.
O iPad Air 2, máis lixeiro que nunca
As novidades de hardware non foron ningunha sorpresa, de xeito que
practicamente todo o filtrado nas últimas semanas confirmouse, e veu asà a luz
o iPad Air 2, que continúa a
presentar unha pantalla Retina de 9,7 polgadas que mellorou a viveza de cores e
o contraste, incrementou a potencial do seu procesador un 40%, optimizou a súa
autonomÃa para permitir o seu funcionamento até 10 horas seguidas, mellorou a
conectividade sen fÃos adoptando o estándar Wi-FI AC (con dobre banda), integrou
o lector de pegadas dixitais Touch ID e mellorou a súa cámara
traseira (agora cun sensor de 8 MpÃxeles e funcións de time-lapse, cámara
lenta a 120 cadros por segundo e a posibilidade de disparar varias imaxes a
refoladas), aÃnda que o cambio máis notable para moitos será o feito de que o
dispositivos conseguiu adelgazar até un grosor de 6,1 milÃmetros e reducir o
peso a 437 gramos, de xeito que o novo iPad é máis Air que nunca.
Como era de agardar, a nova tableta venderase na mesma combinación de cores que
o iPhone 6 (prata, ouro e gris espacial) partindo
dun prezo de 489 euros para o modelo de 16 Gb e incrementando o seu prezo
en chanzos de 100 euros para os modelos de 64 e 128 Gb, mentres que o feito de
adquirir a tableta con banda larga móbil incrementa o prezo en 120 euros, de
xeito que o modelo máis caro serÃa o iPad Air 2 de 128 Gb con LTE a un prezo de
809 euros.
O iPad mini tamén quere Touch ID
O iPad mini tamén se renovou, e agora temos o iPad mini 3, que vén a ser unha
renovación parcial como xa acontecera co que poderiamos chamar iPad 4, xa que
estariamos ante un iPad mini 2 que agora está dispoñible en tres cores (prata,
outro e gris espacial) e integra o sensor Touch ID. Polo demais conserva as
mesmas caracterÃsticas que a súa versión anterior, polo que podemos velo como
un simple cambio para facer uniforme a oferta de produtos móbiles de Apple. Os seus prezos seguen
a mesma estrutura que o iPad Air 2, pero 100 euros máis baratos.
O iMac estrea pantalla con alta densidade de pÃxeles
Para os profesionais da edición de vÃdeo e a fotografÃa é moi importante que a
pantalla coa que traballan teña un elevado nivel de detalle, demanda que Apple
decidiu atender estreando un novo iMac que inclúe o que chaman pantalla Retina 5K, que vén a ser unha
pantalla IPS de 27 polgadas cunha resolución de 5.128 x 2.880 pÃxeles, o que
supón multiplicar por 4 o número de pÃxeles con respecto á xeración anterior
destes equipos.
O novo iMac con pantalla
Retina 5K tamén pode configurarse até cun procesador Intel Core i7 de 4 GHz,
até 32 Gb de RAM, cunha nova gráfica de AMD (até unha Radeon R9 M295X con 4 Gb
de memoria GDDR5), Fusion Drive avanzado (de até 3 Tb), Thunderbolt 2, Wi-Fi
AC, Bluetooth 4.0, teclado e rato sen fÃos, que parece o soño de moitos
profesionais, pero que ten unha grande barreira de entrada: o seu prezo. Este
novo equipo parte dos 2.629 euros para o seu modelo con procesador Intel Core
i5 a 3,5 GHz, 8 Gb de RAM, Fusion Drive de 1 Tb e Radeon R9 M290X de 2 Gb,
mentres que o modelo máis avanzado chegarÃa aos 4.529 euros.
Mac mini máis económicos
Pero non todo foron sustos para o peto, pois como tamén fixo hai pouco cos
MacBook Air, Apple decidiu reducir a barreira de entrada para os seus
ordenadores domésticos, e agora contará cun Mac mini menos potente que os
actuais, pero conseguindo que o modelo máis económico, cun procesador Intel
Core i5 de dobre núcleo a 1,4 GHz, 4 Gb de RAM, disco duro de 500 Gb de gráfica
Intel HD 5000, estea dispoñible por 499 euros, quedando por debaixo da barreira
psicolóxica dos 500 euros, mentres que o modelo anterior custaba 619 euros.
ConfÃrmase asà a intención de Apple de chegar cada vez a un maior público.