Apple presenta servizos de subscrición de videoxogos e contidos audiovisuais
luns, 25 de marzo do 2019
O evento programado por Apple para hoxe finalmente encaixou no que moitos prevÃan: presentáronse varios servizos destinados principalmente ao mercado estadounidense (News+ e Apple Card), e avanzáronse detalles dos que si chegarán finalmente ao resto do mundo (Apple Arcade e Apple TV+), aÃnda que teremos que agardar até despois do verán para coñecer en profundidade estas novidades que marcan un novo rumbo para Apple.
Apple News+
Este evento especial celebrado no Steve Jobs Theater no
Apple Park de Cupertino botou a andar co anuncio da renovación de Apple News, aplicación
presentada en hai preto de 4 anos e que tivo un desenvolvemento moi
modesto, pero que a través dun servizo de pagamento pretende ir un paso adiante.
Temos asà que con Apple
News+ será posible subscribirse a un catálogo de máis de 300 publicacións populares
como Vogue, National Geographic Magazine, Elle, People, The Wall Street Journal
e Los Angeles Times, que estarán dispoñibles nos EE.UU. e Canadá.
Cómpre salientar que este cambio de Apple News era especialmente previsible, xa
que Apple
mercou a aplicación de revistas Texture hai pouco máis dun ano, polo que só
era cuestión de tempo que tal servizo se integrase no catálogo da compañÃa da
mazá.
O servizo de revistas de Apple bota a andar hoxe nos EE.UU. a un prezo de 9,99
dólares/mes, mentres que en Canadá custará cada mes 12,99 dólares canadenses,
prevéndose a chegada a Reino Unido e Australia antes do remate do ano.
VÃdeo promocional de News+
Apple Card
Outra presentación que tampouco sorprendeu, por terse
filtrado as negociacións de Apple ao respecto, foi a de Apple Card, un tipo de
tarxeta de crédito que intégrase na aplicación Wallet do iPhone e que busca
simplificar o uso da tarxeta bancaria, eliminar comisións e realizar pagamentos
cada vez máis seguros pois, entre outras cousas, esta tarxeta carece de número,
data de caducidade e CVV, ou sexa, que está deseñada pensando en dixital, sendo
posible facerse cunha destas tarxetas en formato fÃsico. Chegará aos EE.UU. no
verán, e ofrecerá un programa de recompensas para potenciar o seu uso
(devolverán o 2% do gasto en compras ordinarias, que subirá até o 3% para
compras realizadas en tendas e servizos de Apple, aÃnda que falamos da versión
dixital da tarxeta, xa que en formato fÃsico a porcentaxe baixará até o 1%).
Aparte de non ter cotas, a Apple Card tamén promete xuros reducidos nas compras
a crédito, asà como facilidades á hora de definir a cantidade mensual que quere
pagarse nunha compra a prazos.
VÃdeo promocional de Apple Card
Apple Arcade
O primeiro dos anuncios realizados hoxe que si terá impacto global
foi Apple
Arcade, un servizo de subscrición de videoxogos para dispositivos móbiles,
ordenadores e televisores que ofrecerá máis dun cento de xogos novos e
exclusivos mediante subscrición, incluÃndo lanzamentos orixinais de
desenvolvedores reputados (como Hironobu Sakaguchi ou Will Wright), que destacarán
por carecer de anuncios, seguimento publicitario e compras dentro das
aplicacións, ou sexa, que unha vez pagada a subscrición poderase gozar dos
xogos con total tranquilidade.
Este servizo pode entenderse como a versión de Apple do Xbox Game Pass, por
contar con máis dun cento de xogos mediante subscrición que desta volta estarán
dispoñibles para iPhone, IPad, Mac e Apple TV, entre os que xa confirmaron tÃtulos
como Sonic Team Racing (de SEGA), Beyond a Steel Sky (de Revolution
Software), LEGO Brawls, Oceanhorn 2: Knights of the Lost Realm
(de Cornfox & Bros.), Projection: First
Light (de Blowfish Studios) e Enter The
Construct (de Directive Games Limited).
Apple Arcade chegará no outono a máis de 150 paÃses, e o seu anuncio buscarÃa
animar aos desenvolvedores a adherirse a esta iniciativa.
VÃdeo promocional de Apple Arcade
Apple TV+
Nos últimos anos Apple tivo certo lÃo de marcas sobre os
produtos e servizos televisivos, de xeito que o dispositivo que Ãa chamarse iTV
finalmente comercializouse como Apple TV (xa que a marca ITV corresponde a unha
importante canle de televisión británica), polo que para dar nome ao servizos
de vÃdeo por subscrición tiveron que facer a mesma xogada que con Apple News,
de xeito que no outono teremos Apple TV+, servizo de pagamento que dará acceso
a pelÃculas, series e documentais que contará con estrelas de peso como Oprah
Winfrey, Steven Spielberg, Jennifer Aniston, Reese Witherspoon, J. J. Abrams,
M. Night Shyamalan e Jason Momoa. Haberá que agardar ao outono para coñecer os
detalles de Apple TV+.
Pero Apple tamén renova a aplicación de Apple TV, que avanza para convertese
nunha plataforma de acceso a contidos de numerosos provedores, ou sexa, que
esta aplicación para iPhone, iPad, Apple TV, Mac, Smart TV e dispositivos de streaming permitirá acceder aos contidos
orixinais de Apple pero tamén a HBO, Showtime ou Starz, plataformas de
requirirán un pagamento adicional, ou sexa, que Apple TV permitirá a
construción de paquetes de contido, polo que podemos entender que Apple, en vez
de competir con Netflix, está a seguir unha estratexia de agregación de
provedores de contido na liña do que fan en España operadores de
telecomunicacións como Vodafone ou Movistar (que permite contratar Netflix e
HBO a través deles).
A nova aplicación de Apple TV tamén permitirá a compra e aluguer de pelÃculas e
series da iTunes Store, e recomendará contidos de moitas aplicacións de streaming (como Amazon Prime Video),
polo que pode converterse nunha ferramenta moi práctica que se sitúe no centro
do consumo multimedia baixo demanda para os consumidores máis fieis á compañÃa
de Cupertino.
Espérase que a nova aplicación chegue a iOS en máis de 100 paÃses en maio e a
macOS no outono. Os televisores de Samsung tamén recibirán a aplicación de
Apple TV en primavera, para chegar máis tarde a Amazon Fire TV e televisores LG
e Sony.
VÃdeo promocional de Apple TV+