Aparecen imaxes da futura cámara Fujifilm X-E1
venres, 24 de agosto do 2012
Digicam Info amosou unhas imaxes filtradas do que serÃa a nova cámara sen espello de Fujifilm, a X-E1, que presentarÃa unha fermosa aparencia retro, estarÃa dispoñible en 2 cores (coa parte superior en negro ou en prata) e aceptarÃa obxectivos itnercambiables. Dá a impresión de que estariamos nunha cámara inspirada na Fujifilm X-Pro1, pero sen visor óptico, o que poderÃa reducir considerablemente o seu prezo. AÃnda non se coñecen as especificacións desta cámara, pero resulta interesante ver como a familia de cámaras sen espello con aire retro medra, o que parece atender á demanda dunha serie de usuarios que tamén se preocupan pola aparencia da súa cámara á hora de elixir modelo.