Aparece un plaxio de Super Mario 3D Land</Em> para iPhone

martes, 18 de setembro do 2012 Marcus Fernández

Nos últimos días chegou á App Store un xogo para iPhone e iPod Touch que resulta moi rechamante chamado 3D Cartoon Land: Safari, que a primeira vista parece unha copia descarada do xogo Super Mario 3D Land, ao presentar a un personaxe vestido coas cores de Mario que ten que saltar obstáculos e coller moedas e incluso conta como inimigos a unha tartaruga anoxada, o que algúns poderían considerar unha inspiración ou unha parodia dos xogos de Miyamoto, aínda que nuns días veremos se de verdade é considerado así, ou simplemente retírano da tenda de descargas de Apple ante o innegable calco.

O xogo non só parece imitar a estética de Mario, senón que tamén imitaría os seus powerups

Por outra banda, este xogo que está á venda por 0,79 euros parece non compensar nin tan sequera o pago desa pequena cantidade, xa que parece contar cun sistema de control horrible, polo que non resultaría ningunha ameaza para a franquía do noso fontaneiro favorito.
Dende Nintendo levan anos opóndose á comercialización dos seus xogos en plataformas móbiles, por considerar que restarían valor aos seus xogos, que son auténticos supervendas en consolas portátiles, de xeito que de abrirse a smartphones poderían matar á Nintendo 3DS.

PUBLICIDADE