Ao vindeiro smartphone de Geeksphone poderá mudárselle o sistema operativo

mércores, 29 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

O fabricante español Geeksphone está a dar detalles do que será o seu vindeiro smartphone, o Geeksphone Revolution, que destacará por facer uso da tecnoloxía MultiOS de Geeksphone, que facilitará que o dispositivo chegue ao mercado con Android pre-instalado, permitindo cambialo sen problema a Boot2Gecko de Mozilla (Firefox OS) ou calquera outra versión dos sistemas operativos apoiados pola comunidade.
O novo smartphone estará baseado nun procesador Intel Atom Z2560 de dobre núcleo a 1,6 GHz, achegando un bo rendemento en un consumo axustado; a súa pantalla IPS de 4,7 polgadas terá unha resolución de 960 x 540 píxeles; estará dotado de 1 Gb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb, Wi-Fi N, Bluetooth 3.0, cámaras de 8 e 2 Mpíxeles e batería de 2.000 mAh; as súas medidas serán de 135 x 68,4 e 9,9 milímetros, e nos vindeiros días abrirase o seu proceso de reserva para os que queiran ser os primeiros en facerse cun deste terminais destinados claramente a desenvolvedores de aplicacións móbiles.

PUBLICIDADE