Anura, un cuadricóptero de pequenas dimensións que busca financiamento en Kickstarter
xoves, 23 de outubro do 2014
Os proxectos de micromecenado continúan a explorar o sector
dos drons na procura de innovacións
que permitan destacar e asà conseguir o éxito, e nesta liña temos agora o Anura,
que pretende ser un dron de peto
asumible, para o que busca facerse con 100.000 euros para converterse nun
produto viable.
Estamos ante un cuadricóptero en miniatura que busca ser económico, doado de
manexar e controlado por un smartphone con iOS ou Android. Este trebello
compacto integra unha cámara para tomar fotografÃas ou capturar vÃdeo e conta
con Wi-Fi (para o control remoto e para poder transmitir en directo as imaxes
que capta), que serÃan as súas prestacións básicas, aÃnda que de conseguir superar
o milleiro de unidades encargadas a través do seu proxecto en Kickstarter
procurarán engadirlle funcións de retorno ou aterraxe automática cun único
clic, asà como a posibilidade de que o cuadricóptero persiga ao seu usuario
(ideal para a gravación de actividades deportivas).
Cómpre destacar que estariamos ante un produto moi limitado, xa que a súa
cámara terÃa unha resolución de só 340 x 288 pÃxeles, control remoto a unha
distancia de até só entre 18 e 27 metros e cunha autonomÃa de entre 12 e 16
minutos. Pouco máis que un xoguete que pode encargarse a un prezo de 275
dólares (241,18 euros cos gastos de envÃo incluÃdos), que os seus mecenas
recibirán en abril de 2015.
VÃdeo promocional do cuadricóptero Anura