Anuncian unha tecnoloxía para pantallas AMOLED flexibles

venres, 29 de outubro do 2010 Marcus Fernández

O Instituto Tecnolóxico de Investigación Industrial (ITRI) de Taiwan anunciou a primeira tecnoloxía que permite a comercialización de pantallas flexibles de baixo custo, do grosor dun papel e coa tecnoloxía i2/3DW que permite integrar simultaneamente información 2D e 3D a simple vista. Esta solución coñécese coma FlexUPD, é unha pantalla AMOLED de 6 polgadas cun grosor de 1 milímetro, cun radio de dobrado de 5 centímetros, unha fabricación irrompible, e capaz de amosar imaxes cando está dobrada, que está a piques de chegar ao mercado.

PUBLICIDADE