Anuncian unha pantalla 3D sen lentes de 52 polgadas e Full HD
luns, 23 de maio do 2011
Os televisores 3D sen
lentes que Toshiba levou ao mercado xaponés a finais do ano pasado contaban
con 2 grandes eivas (un elevado prezo e unha resolución de pantalla moi
reducida), pero estes factores vanse corrixido paulatinamente, e agora Nissho
Electronics anuncia que vai comercializar no Xapón un panel LCD de
52 polgadas capaz de amosar imaxes en alta definición a 1.080p con imaxes 3D que
non precisan de lentes para a súa visualización, aÃnda que cun prezo
inicialmente moi elevado, xa que partirá
de 1.700.000 millóns de iens (14.756 euros).
Esta pantalla terá un contraste de 2.000:1, un tempo de resposta de 8
milisegundos, un brillo de 700 cd/m2 e unha velocidade de refresco
de 60 Hz. Tamén integra cunha tecnoloxÃa que permite ver imaxes 2D con certa
profundidade (empregando filtros en tempo real). AÃnda que estas pantallas
parecen lonxe de chegar aos fogares, está claro que o feito de non precisar
lentes e ter un grande tamaño poderÃa convertelas en excelentes elementos para
impresionar á audiencia en locais públicos.