Anuncian un xogo de Son Goku con combates en grupo

venres, 21 de xuño do 2013 Marcus Fernández

As lexións de seareiros europeos de As Bolas Máxicas estarán encantados de saber que este ano teremos no noso territorio un xogo de loito moi especial para Xbox 360, PlayStation 3 e PlayStation Vita, Dragon Ball Z: Battle of Z, que destacará fronte aos moitos xogos baseado na franquía xaponesa por ofrecer a posibilidade de combater por equipos. Este novo xogo ofrecerá un sistema de combate cooperativo de ata 4 xogadores á vez que enfrontaranse a outro equipos de temibles opoñentes ou todos entre si nunha grande batalla de 8 xogadores.
Namco Bandai é a compañía destrás deste xogo que contará con 4 tipos de combate diferentes e gráficos fieis ao universo creado por Akira Toriyama, sen esquecer a posibilidade de poder xogar en solitario. No xogo tamén poderemos colaborar para derrotar a grandes inimigos e tampouco faltarán as recreacións de grandes combates que puidemos ver na pequena pantalla.

O xogo ofrecerá grandes combates por equipos
Carátula que terá o novo xogo de Son Goku


Trailer do novo xogo de As Bolas Máxicas

PUBLICIDADE