Anuncian un xogo ambientado na guerra de Iraq
martes, 7 de abril do 2009
Konami anunciou
que para 2010 lanzará
un novo xogo para Xbox 360, PlayStation 3 e PC chamado Six Days in Fallujah, e que estará ambientado na guerra
de Iraq, máis concretamente durante o ataque ao centro de Bagdad durante 2004,
no que promete ser unha aventura moi violenta e realista.
Este xogo está a ser desenvolvido polos estudos de Atomic Games, e aÃnda que
busquen un realismo propio dun
documental (entrevistáronse con ducias de soldados, consultaron milleiros de
fotografÃas e contan con imaxes de satélite clasificadas
para que a localización real quede ben reflectida), o xogo será ficción histórica, que aproveitará unha
liña de tempo concreta para ambientar a acción, o que enriquecerá a experiencia
de xogo.
Six Days in Fallujah tamén busca
recrear o estilo de combate dos Marines,
e coidará detalles como as fÃsicas dos edificios (que irán danándose coas balas
e granadas). Pero esta orxÃa de destrución non fai apoloxÃa da guerra segundo
os seus responsables, que aseguran que non intentan facer «crÃtica social» nin queren que «a
xente se sinta incómoda», ou sexa, que só buscan crear un xogo divertido.