Anuncian os xogos que chegarán a PlayStation Plus o vindeiro día 20

mércores, 14 de agosto do 2024 Marcus Fernández

Por fin se coñecen os xogos que incluirá o servizo PlayStation Plus Premium a partir do 20 de agosto para os subscritores Extra e Premium, sendo o máis destacado o clásico The Witcher 3: Wild Hunt para PS4 e PS5, de xeito que os xogadores poden gozar sen custo adicional das aventuras de Geralt de Rivia, que na versión para PlayStation 5 incorpora agora unha mellora notable nos apartados gráfico e sonoro.
Outros xogos que chegarán a PS Plus Extra e Premium serán Wild Hearts para PlayStation 5, Cult of the Lamb para PlayStation 4 e PlayStation 5, Ride 5 para PlayStation 5, Watch Dogs 2 para PlayStation 4, Sword Art Online: Last Recollection para PlayStation 4 e PlayStation 5, Naruto to Boruto: Shinobi Striker para PlayStation 4, Sword Art Online: Alicization Lycoris para PlayStation 4, Sword Art Online: Fatal Bullet para PlayStation 4 e Sword Art Online: Hollow Realization para PlayStation 4.
Especificamente para os usuarios Premium chegarán Vacation Simulator para PlayStation VR2, TimeSplitters para PlayStation 4 e PlayStation 5, TimeSplitters 2 para PlayStation 4 e PlayStation 5, TimeSplitters: Future Perfect para PlayStation 4 e PlayStation 5 e Sword Art Online: Lost Song para PlayStation 4.