Anuncian oficialmente o LittleBigPlanet 2

luns, 10 de maio do 2010 Marcus Fernández

Dende Sony tiñan a esperanza de que en 2008 o xogo LittleBigPlanet conseguise converterse no xogo do ano para a PlayStation 3, chegando a converter ao Sackboy do xogo no máis semellante a unha mascota para a compañía nesta nova xeración de consolas, pero a estratexia fallou estrepitosamente, e outros xogos máis tradicionais (como shooters en primeira persoa e títulos deportivos) conseguiron eclipsar ao revolucionario título de Media Molecule que casou con acerto unha mecánica de xogo de plataformas coa posibilidade de que os usuarios creasen os seus propios escenarios, ou sexa, que o xogo conseguiu boas críticas e unhas vendas máis que aceptables, pese a que non conseguise superar o elevado listón que marcaran dende Xapón, de aí que non debería sorprendernos que hoxe anunciasen oficialmente a súa secuela, LittleBigPlanet 2, que continuará a senda do seu predecesor, incorporando máis ferramentas e obxectos, que potencien a creatividade á hora de crear novos niveis.
Este novo capítulo da saga (tamén presente en PSP) abrirá a posibilidade de crear minixogos de carreiras, shooters e outros tipos de xogo, contará cun novo modo historia, abrirá a posibilidade de enlazar niveis… en definitiva, que ampliará as posibilidades de xogo que namorará aos que gozaron da súa primeira entrega, coma podemos ver no vídeo presente na páxina web oficial do xogo:


O novo xogo permitirá unha maior creatividade na creación de niveis por parte do usuario

PUBLICIDADE