Anuncian o lanzamento de Goat Simulator para o Primeiro de Abril

mércores, 5 de marzo do 2014 Marcus Fernández

Aparte das superproducións cada vez máis habituais no sector do videoxogo, hai un título que está a ser moi agardado, pola partir dunha proposta moi absurda de Coffee Stain Studios, compañía sueca que quere que podamos gozar dun auténtico simulador de cabra, no que teremos un mundo aberto no que poder facer tolerías, e contribuíndo a crear expectación sobre este xogo que xa pode encargarse por 9,99 dólares aseguran que o seu lanzamento en Steam será o vindeiro 1 de abril, día no que é moi habitual a celebración de bromas, o que parece unha data moi axeitada, contribuíndo a manter a incógnita de se estaremos ante unha inmensa broma.
Goat Simulator permitiríanos meternos na pel dunha cabra para desatar o caos alí por onde vaiamos, e espérase que facilite a posibilidade de que os usuarios poidan facer os seus propios niveis mediante o Steam Workshop. Posiblemente saberase máis deste título entre os días 17 e 21 deste mes, cando o Moscone Center de San Francisco acollerá unha nova edición da Game Developers Conference, que contará coa presenza de Coffee Stain Studios.


Trailer de Goat Simulator

PUBLICIDADE