Anuncian as especificacións do HP Slate 500
venres, 22 de outubro do 2010
Tras a compra de
Palm (creadores de webOS) por parte de HP, o anunciado tablet da compañÃa
baseado en Windows 7 parecÃa ver perigar o seu futuro, pero finalmente o HP Slate 500 ve a luz, e na páxina web
de HP xa figura xunto coas súas especificacións e prezo, o que non fai máis que
pór en dúbida o éxito deste produto, pois estamos a falar dun trebello que
opera cun sistema operativo non pensado para tablets, cun procesador Intel Atom
Z540 a 1,86 GHz, 2 Gb de memoria RAM, tarxeta gráfica Intel GMA 500, 64 Gb de
memoria SSD, pantalla de 8,9 polgadas con 1.024 x 600 pÃxeles de resolución,
menos de 700 gramos de peso, dobre cámara web, Wi-Fi, Bluetooth, lector de
tarxetas SD, USB, a posibilidade de conectarse a unha base que conta con 2
portos USB 2.0 adicionais e unha saÃda HDMI e un prezo de 799 dólares (572,88
euros), o que non deixa de parecer excesivo para o que ten toda a pinta de ser
un ordenador ultraportátil con pantalla táctil e sen teclado, non ofrecendo a
experiencia de uso propia dun tablet actual.