Anuncian a secuela de Bionic Commando Rearmed

martes, 20 de abril do 2010 Marcus Fernández

O xogo Bionic Commando desenvolvido polos desaparecidos estudos GRIN para as consolas de alta definición foi un rotundo fracaso, o que contrastaba esaxeradamente coa boa aceptación que tivera outro xogo da franquía moito máis modesto, o Bionic Commando Rearmed, que era moito máis fiel ao xogo arcade orixinal (adaptado a múltiples plataformas no seu día) de aí que sexa unha excelente nova que Capcom decidise recuperar este título converténdoo en saga, chamándose a súa secuela Bionic Commando Rearmed 2: Nathan Spencer, que chegará coma título descargable para Xbox 360 e PlayStation 3, recuperando o mesmo esquema de xogo de desprazamento lateral, aínda que desta volta o protagonista, Nathan Spencer, non terá só un brazo biónico co que agarrarse a distintos obxectos para balancearse, senón que tamén contará con capacidade de salto, o que resulta especialmente rechamante porque a ausencia de saltos era un dos sinais de identidade desta franquía.
Este novo título non chegará ata o primeiro trimestre de 2011, e aínda que é de agardar que o seu desenvolvemento estean nun estado pouco maduro, xa podemos ver un vídeo promocional do mesmo:

PUBLICIDADE