Antonio Torrado abordará os retos da intelixencia artificial en Vigo
venres, 26 de maio do 2023
O
vindeiro mércores ás 19:30 a Delegación de Vigo do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros
Industriais de Galicia (ICOIIG) acolle unha conferencia de Antonio Torrado
González (SDG Group) sobre FantasIA,
realidade e riscos na intelixencia artificial, dirixida a colexiados do
ICOIIG, asociados da AIIG e calquera persoa con perfil STEM ou interese pola
tecnoloxÃa e a intelixencia artificial.
O fÃsico galego e socio director da área de BIg Data & Advanced Analytics
de SDG Group abordará temas actuais como os medos derivados do uso de
dispositivos dotados de intelixencia artificial ou as oportunidades que supón a
intelixencia artificial para o avance da sociedade e a resolución de moitos
retos, salientando o papel protagonista que Galicia pode adoptar neste ámbito.