Angry Birds estrea versión web
mércores, 11 de maio do 2011
Se hai unha saga
de videoxogos de éxito en plataformas móbiles no último ano esta serÃa sen
dúbida Angry Birds, que tras trunfar
en móbiles e tablets chega
agora a navegadores web a través da Chrome Web Store, onde está dispoñible
para a súa descarga de balde, co que buscan probar ao público que é posible
facer xogos para o navegador sen empregar tecnoloxÃas como Flash. AÃnda que o
xogo está optimizado para o seu uso en Google Chrome, tamén pode gozarse dende outros navegadores web
(aÃnda que en tal caso non será posible a súa instalación).
A nova versión web de Angry Birds
inclúe 70 niveis, entre os que destacan 7 inspirados en Google Chrome, ou sexa,
niveis exclusivos para esta versión, que agradecerán os afeitos a esta saga, e
que só poderán xogarse tras o seu desbloqueo previo (atopando os logotipos de
Chrome nos niveis ordinarios do xogo). Cómo vén a ser habitual nesta saga,
agárdase que este xogo web reciba actualizacións con novos niveis de diversión.
Cómpre destacar que o xogo está dispoñible en versión SD e HD, para que os
usuarios poidan elixir a que mellor se adapte á resolución da súa pantalla e á
potencia do seu equipo.
- O xogo conta con novos niveis desbloqueables inspirados en Google Chrome