Angry Birds dispoñible de balde para terminais con Android
venres, 15 de outubro do 2010- O xogo inclúe publicidade en vez de cobrar pola súa descarga
Se hai un xogo que está a
causar furor nos últimos meses no iPhone e no iPad é sen dúbida Angry Birds, que co seu humor e
diversión está a saltar a outras plataformas repetindo éxitos, e hoxe mesmo
estrea versión definitiva para Android, que pode descargarse de balde a través
de GetJar, aÃnda que en breve tamén incorporarase ao Android Market (actualmente
só inclúe unha versión de proba que aÃnda presenta numerosos erros) e a
Motorola SHOP4APPS, sempre de xeito gratuÃto, pois nesta plataforma os seus responsables
optaron por incluÃr publicidade no xogo como alternativa ao pagamento, o que
servirá para contrastar os seus resultados económicos con outras versións. Máis
adiante tamén comercializarán unha versión Premium do xogo sen publicidade
integrada.
Angry Birds necesita para funcionar o
Android 1.6 e, polo momento, non soporta a resolución de pantalla QVGA presente
nos terminais con Android máis vellos ou de baixa gama (o que solucionarase en
breve).
Nos vindeiros meses poderemos ver cómo Angry
Birds salta a máis plataformas (veremos se conservan o modelo de negocio
desta entrega), estrea produtos de mercadotecnia (coma bonecos de veludo) e
incluso rumoréase a posibilidade de que inspire unha pelÃcula. Todo un fenómeno
comparable ao xogo Plants vs Zombies.
Asà é Angry Birds en acción