Angry Birds Stella pode descargarse de balde dende esta semana

venres, 5 de setembro do 2014 Marcus Fernández

O xogo descúbrenos a Stella, a carismática protagonista do novo título de Rovio

Unha grande nova para os seareiros da franquía dos Angry Birds de Rovio, xa que por fin iniciou a súa nova etapa con Angry Birds Stella, un xogo que podemos descargar de balde para iOS, Android e BlackBerry 10 e que, en vez de explorar novos xéneros como fixeron Angry Birds Go! e Angry Birds Epic, volve ao básico, pero reconstruíndo a mecánica de xogo e apostando por protagonistas femininas, o que podemos ver como un sopro de aire fresco para a franquía.
O xogo situaranos en Golden Island, onde haberá que enfrontarse a Gale e os seus porcos para recuperar un libro de recortes de Stella, podendo recoller no camiño distintas fotografías e ir desbloqueando logros e variacións dos personaxes.
Para facernos unha idea dos novos poderes dos que permite gozar o novo xogo de Rovio, podemos ver o seu novo trailer:

PUBLICIDADE