Angry Birds: Star Wars estréase en Facebook

luns, 17 de decembro do 2012 Marcus Fernández

O paxaros anoxados de Rovio, avanzando na súa estratexia para converterse nun dos principais referentes de lecer electrónico, veñen de estrear unha versión do seu último xogo, Angry Birds: Star Wars, en Facebook, de xeito que pode gozarse deste título de balde e facendo uso de elementos sociais como compartir as nosas puntuacións cos nosos amigos e retalos para competir no xogo.
Angry Birds: Star Wars conta inicialmente con 40 niveis do planeta Tatooine (que no futuro ampliaranse con novas fases ambientadas na Estrela da Morte) e coa posibilidade de participar en torneos semanais nos que en cada ciclo permitirá gozar de 5 novos niveis que superar e nos que competir por conseguir unha mellor puntuación que os nosos amigos.
Aínda que o xogo é completamente de balde, ofrece a posibilidade de mercar crédito para poder facerse con potenciadores que faciliten a superación dos seus distintos niveis, de xeito que respondería á emerxente fórmula do free-to-play.


Trailer da versión para Facebook de Angry Birds: Star Wars

PUBLICIDADE