Angry Birds Space rende homenaxe ao Curiosity
xoves, 23 de agosto do 2012
O xogo Angry Birds
Space actualÃzase
hoxe como unha especial homenaxe á última misión marciana da NASA, que se
materializou coa aterraxe no Planeta Vermello o pasado 5 de agosto do Curiosity,
momento que na ficción aproveitaron os
porcos vermellos para roubar o Rover para empregalo para buscar ovos, anoxando
asà aos paxaros protagonistas, que durante 20 novos niveis deberán continuar
coa súa misión destrutiva contando desta volta co fume de volcáns e asteroides
explosivos como novos elementos interactivos. O tÃtulo tamén inclúe 3 niveis
ocultos dedicados ao Viking Lander, o Sojourner e o Opportunity, os precursores
do Curiosity.
A última actualización de Angry Birds Space
está xa dispoñible
para iPod Touch, iPhone, iPad
e Android,
mentres que para o resto de plataformas chegará paulatinamente nos vindeiros
dÃas.
- Os novos niveis de Angry Birds Space teñen algúns elementos interactivos novos
- Cómic que narra a historia desta actualización de Angry Birds Space
VÃdeo promocional da última actualización do xogo espacial dos paxaros anoxados de Rovio