Angry Birds Go!</Em> por fin pode descargarse dende España
mércores, 11 de decembro do 2013
Rematou a espera, e dende hoxe, os afeccionados aos paxaros
anoxados de Rovio e de xogos como Mario
Kart poden xa descargar
para os seus dispositivos con iOS, Android, Windows
Phone 8 (para terminais cun mÃnimo de 1 Gb de RAM) e BlackBerry 10 o agardado Angry Birds Go!, o primeiro xogo
tridimensional dos Angry Birds que pode gozarse de balde (inclúe compras dentro
do xogo) e permite gozar de moitas horas nas que botar carreiras de karts por
numerosos circuÃtos empregando como pilotos aos paxaros máis coñecidos do lecer
electrónico (con cadanseu poder especial) e incluso aos malvados porcos verdes.
O xogo reparte as carreiras en 4 escenarios con 3 circuÃtos cada un, nos que
podemos desbloquear aos distintos pilotos e participar nos modos de Carreira,
Tempo Bomba, Apisoafroita e Versus, gañando puntos para poder mellorar o novos
vehÃculo e asà poder progresar no xogo. Unha vez superados cada un dos modos de
cada circuÃto abrirase a posibilidade de volver a xogalos nun modo adicional
que consiste en superar retos propostos (chegar en primeira posición, superar
certa lonxitude nun salto, chocar contra outro xogador, gañar a carreira
apañando poucas moedas...) facendo que o xogo non perda interese despois de
bastante horas.
Trailer de lanzamento de Angry Birds Go!