Android 4.2 poderÃa presentarse a finais de mes nun terminal de LG
venres, 5 de outubro do 2012- O novo móbil estarÃa baseado no LG Optimus G
Nos últimos dÃas un ruxerruxe apuntaba a que a finais de mes
presentarÃase o novo móbil insignia de Google coa marca Nexus, disparándose os
rumores sobre o fabricante no que recaerÃa tal responsabilidade, e todo apunta
a que tras HTC e Samsung tocaralle agora a LG fabricar o novo móbil de
referencia para o que serÃa Android 4.2.
De feito, dende Modaco.com aseguran confirmar numerosos detalles
do suposto LG Nexus, que serÃa un terminal baseado no Optimus G, que
contarÃa cun procesador Snapdragon S4 de catro núcleos, 2 Gb de RAM, 8 ou 16 Gb
de almacenamento interno (non ampliable mediante tarxetas microSD), pantalla
IPS cunha resolución de 1.280 x 768 pÃxeles, cámara de 8 MpÃxeles e baterÃa non
extraÃble con soporte de cargar sen fÃos. Incluso apuntarÃan que a data de
lanzamento deste terminal serÃa mediados de novembro.
Novidades de Android 4.2
Sobre
Android 4.2 hai tamén numerosos rumores, como que agora calquera fabricante
poderÃa sumarse ao programa Nexus
(para contar con actualizacións de Google), o sistema operativo contarÃa cun
Centro de Personalización (no que poder mudar tons de chamada, paquetes de
idioma, fondos, lanzadores...) o que permitirÃa desligar a aparencia do móbil
das actualizacións base de Android, un novo sistema deseñado para aproveitar
mellor a baterÃa dos móbiles, un Google Play mellorado, novas función de Google
Now e novo reprodutor de vÃdeo que permitirÃa o acceso a servizos de vÃdeo. Ao
parecer todos estes cambios está no forno, polo que a principal dúbida é se
estarán listas para Android 4.2 ou se algunha quedará relegada ao Android 5.0.
ACTUALIZACIÓN (8-10-2012): Os rumores sobre as novidades que poderÃa ter Android 4.2 veñen de ser desmentidos.