AnTuTu sitúa ao Meizu PRO 5 como o smartphone máis potente do mercado
venres, 23 de outubro do 2015
AÃnda que poida distar moito da experiencia de usuario real,
nos últimos anos púxose de moda medir a potencia dos smartphones con Android en
base a varias aplicacións que miden a forza
bruta dos dispositivos en función da súa potencial de cálculo, destacando
entre estas ferramentas a de AnTuTu, que vén de sorprender ao publicar unha relación cos 10 smartphones con
Android máis potentes do mercado que pese a estar dominada polos últimos
smartphones insignia de Samsung, estes terminais vense superados polo Meizu PRO
5, smartphone que consegue unha puntuación de 76.852, superando sobradamente os
72.156 do Samsung Galaxy Note 5.
Deste xeito o teléfono chinés presentado o mes pasado, que está equipado cun
procesador Exynos 7420, 3/4 GB de RAM, 32/64 GB de almacenamento interno e unha
pantalla AMOLED Full HD de 5,7 polgadas, pese a que ten unha configuración moi
semellante aos smartphones de Samsung (de feito, o seu procesador é do
fabricante surcoreano) consegue superalos, posiblemente por optar por unha
pantalla Full HD en vez de Quad HD.
Sorprende ver como os 5 smartphones máis potentes conta cun procesador Exynos,
mentres que os 5 seguintes teñen un Qualcomm Snapdragon 810, o que virÃa a
confirmar a percepción xeral de que un par de procesadores en concreto
conseguen superar a todos os demais do mercado con claridade, non deixando
espazo a ningún competidor na clasificación de AnTuTu.
Tamén pode resultar rechamante ver como dos móbiles con procesador Qualcomm só
un, o Xperia Z5 (en 8ª posición no ranking) é dun fabricante tradicional, mentres que os outros smartphones
serÃan o Le 1 Pro, o Le 1 Max, o Xiaomi Note Pro e o OnePlus 2. Tendo en conta
que tamén é un fabricante chinés o que consegue o primeiro posto, poderiamos
concluÃr que estamos a vivir unha nova época dentro deste sector, na que
fabricantes até hai pouco ignorados conseguen non só superar ao resto en prezo,
senón tamén en prestacións.