Amplificador portátil de telefonía móbil

luns, 31 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Para axudar a superar os problemas coa cobertura do móbil MoGo lanza Cell Ranger, un repetidor móbil portátil que pode funcionar conectado a un ordenador por USB ou ó acendedor do coche.
O Cell Ranger é un amplificador intelixente que mellora a forza do sinal telefónico, permitindo mellorar as chamadas de voz e as comunicacións de datos (para quen se conecte á Rede a través do móbil). No caso de usalo dentro dun domicilio sería preciso colocar a antena magnética preto dunha fiestra exterior, e a unidade nun porto USB dun ordenador, encargándose a circuitería do trebello do resto do traballo.
O amplificador portátil se vende a uns 149 dólares (94,51 euros).

PUBLICIDADE