Amparo Alonso abordará o impacto da intelixencia artificial nun relatorio

mércores, 10 de maio do 2023 Marcus Fernández

Este xoves ás 20:00 a Fundación Barrié na Coruña acollerá un relatorio pola agrupación Alumni da Universidade de Navarra no que a catedrática en Ciencias da Computación e a Intelixencia Artificial na UDC Amparo Alonso falará sobre o Impacto e Retos da Intelixencia Artificial.
Esta actividade organizada co gallo do nomeamento da Coruña como sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA) busca introducir aos asistente na intelixencia artificial e abordar como afecta ao día a día das persoas, así como o seu regulamento dende un punto de vista ético.

PUBLICIDADE