Amosan varios dos xefes finais de Metal Gear Rising: Revengeance
venres, 18 de xaneiro do 2013
No mes de febreiro Konami achegará o xogo Metal Gear Rising: Revengeance, que
retoma a franquÃa de Metal Gear Solid,
pero deixando de lado o personaxe de Snake e centrándose en Raiden para ofrecer
unha aventura de máis acción no que os cortes con katana parecen ser o seu
principal expoñente, e que parece ter un acabado magnÃfico grazas a que o
desenvolvemento deste tÃtulo externalizouse aos estudos de Platinum Games.
AÃnda que o xogo non chegará ás tendas o 22 de febreiro, o vindeiro dÃa 23
estará dispoñible en Xbox LIVE e PlayStation Network unha versión de
demostración con 3 fases de Revengeance,
e para crear aÃnda máis expectación sobre este espectacular tÃtulo, veñen
de publicar un vÃdeo no que vemos a 4 dos xefes finais que aparecerán no
mesmo, que non son outro que Mistral (inimiga que fai uso de varios brazos
cibernéticos), Sundowner (un rival que promete ser brutal), Monsoon (un curioso
home que pode separar o seu corpo en pequenas partes que volven a xuntarse
automaticamente) e Samuel (un personaxe do que aÃnda sabemos pouco, pero que
parece quere aspirar a ser o derradeiro rival ao que terá que enfrontarse o
protagonista), que prometen ser o suficientemente variados e carismáticos para
que o xogo non pase ao esquecemento.
VÃdeo no que presentan a varios dos xefes finais do xogo desenvolvido por Platinum Games